Thursday 18 de April de 2024

O GES de Brión colabora na extinción dun lume urbano no cadro de mando do ascensor dun edificio no Milladoiro (Ames)


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión apagou na noite de hoxe mércores un lume urbano na rúa Pardiñeiros do Milladoiro (Ames), no que só houbo que lamentar danos materiais. Unha intervención na que tamén participaron Bombeiros de Boiro, Policía Local de Ames e unha ambulancia do 061.

Os técnicos do GES brionés recibiron o aviso do 112 ás 6:30 horas, polo que tres deles se desprazaron ao lugar do lume na Bomba Urbana Lixeira. Ao chegar, e tras evacuar a todos os veciños e veciñas coa axuda da Policía Local de Ames, localizaron o foco do lume, emprazado no cadro de mando do ascensor do edificio. Unha vez localizado e apagado o lume, procederon ao ventilado do edificio e procederon a acompañar aos veciños e veciñas ata as súas vivendas para comprobaren que non resultaron afectadas.